Saltar ao contido

Roger Casement

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoger Casement

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1864 Editar o valor en Wikidata
Sandycove, Irlanda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte3 de agosto de 1916 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
HM Prison Pentonville, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, enforcamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Glasnevin (1965–) Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónBallymena Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomático, político, cónsul, poeta, escritor, revolucionario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorForeign Office (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoÓglaigh na hÉireann Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Outro
PaisRoger Casement Editar o valor en Wikidata  e Anne Jephson Editar o valor en Wikidata
IrmánsTom Casement Editar o valor en Wikidata
Condenado portraizón (1916) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Dictionary of National Biography, third supplement (en) Traducir
1922 Encyclopædia Britannica (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5272086 WikiTree: Casement-32 Find a Grave: 4128 Editar o valor en Wikidata

Roger Casement, coñecido en gaélico como Ruairí Mac Easmainn, nadoen Sandycove (preto de Dublín) o 1 de setembro de 1864 e finado enPentonville Prison (Londres) o 3 de agosto de 1916, foi un diplomático irlandés, un valedor dos dereitos humanos dos pobos indíxenas e un independentista.

Foi moi coñecido polas súas actividades contra os abusos dos sistema colonial no Congo e na Amazonia e tamén polas negociacións con Alemaña pouco antes do Levantamento de Pascua en Irlanda. Foi descuberto e detido polas autoridades británicas en 1916 e, de seguido, acusado de traizón e condenado á pena capital.

A súa vida inspirou a novela do premio Nobel Mario Vargas Llosa El sueño del celta.

Por mor do informe realizado en 1905 sobre o Congo, foi considerado como o "pai das investigacións de dereitos humanos do século XX"[1] e, en 1911, foi nomeado "sir" polas súas investigacións sobre os abusos contra os dereitos humanos no Perú.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Fillo dun capitán do exército británico, foi educado como protestante. Mentres, a súa nai, que mantiña en segredo a súa fe católica, bautizouno polo rito católico ás agachadas da familia paterna.[2] Após o falecemento dos seus pais, abandonou os estudos e comezou a traballar para diversas navieiras no porto de Liverpool.

África e América

[editar | editar a fonte]

O convencemento de que a actividade colonizadora europea levaba o progreso e a civilización aos nativos moveuno a ir traballar á África. Traballou en diversas actividades, até que foi chamado ao servizo consular do Imperio Británico.

O seu coñecemento da realidade africana determinou as autoridades británicas a lle encargar a elaboración dun informe sobre o trato á poboación orixinaria do polo entón chamado Congo Belga. Nese informe documentou polo miúdo numerosas atrocidades cometidas contra da poboación do Congo.

De volta a Europa foi requirido mais unha vez polas autoridades consulares británicas ante as denuncias de crimes contra dos indíxenas nas caucharías da rexión amazónica do Putumayo. Unha das empresas que realizaba a extracción do caucho, a Peruvian Amazon Rubber Company, tiña a súa sede en Londres. O relatorio que elaborou tirou á luz pública o trato abominábel que recibían os traballadores indíxenas, especialmente das distintas etnias dos witoto e dos bora.

Independencia de Irlanda

[editar | editar a fonte]

As súas experiencias en África e mais en América, convertérono nun opositor ao colonialismo. Somerxido na dinamización cultural que xerou o chamado Renacemento Gaélico (coa fundación da Liga Gaélica e a revitalización do irlandés como idioma de cultura) Roger comezou a ver a relación entre Irlanda e Inglaterra como parte dunha dinámica colonizado-colonizador. A súa toma de conciencia política virouno nun revolucionario, cun total compromiso coa causa da independencia.

Roger Casement entrou a formar parte da organización armada dos Voluntarios Irlandeses. Os voluntarios, xunto con outras organizacións, comezaron a preparar un alzamento armado contra do dominio británico.

Co inicio da Primeira guerra mundial, suxeriu a posibilidade de reclamar o apoio alemán para alcanzar os obxectivos independentistas. Encargóuselle a constitución da chamada Brigada Irlandesa, formada por prisioneiros de guerra irlandeses que, loitando nas filas do Imperio Británico, estaban detidos en campos de Alemaña. Malia vivir preto dun ano en Alemaña tentando de a organizar, apenas conseguiu resultados.

Acordada a data para o alzamento, xunto con dous axudantes regresa a Irlanda nun submarino alemán. A difícil travesía, un desafortunado desembarco na praia de Banna, no condado de Kerry, e os problemas de saúde que viña arrastrando dende a súa estadía na África, facilitaron a súa detención pola exército británico no forte McKenna.

Logo de ser xulgado por alta traizón foi condenado á morte por aforcamento. Malia as peticións de destacados membros do mundo cultural como Arthur Conan Doyle ou George Bernard Shaw, a condena executouse o día 3 de agosto de 1916.

Tras reiteradas peticións do goberno da República de Irlanda, os seus restos foron repatriados no 1965, sendo soterrado no cemiterio de Glasnevin en Dublín, recibindo un funeral de estado.

  1. "ROGER CASEMENT: A HUMAN RIGHTS CELEBRATION (1916-2016)". dhi.ucdavis.edu (en inglés). 14-10-2016. Arquivado dende o orixinal o 28-07-2019. 
  2. Mitchell (2003), p. 11

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]